viernes, 30 de enero de 2015

A Xunta colabora ca Asociación Mirabal que desenvolve actuacións contra a violencia de xénero e a favor das vítimas e dos seus familiares

Santiago, 27 de xaneiro de 2015.
A Secretaria Xeral da Igualda de, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza coa presidenta da Asociación Mirabal, Ana Saavedra López, onde reiteroulle o apoio do goberno galego á Asociación que desenvolve actuacións contra a violencia de xénero e a favor das vítimas e os seus familiares.

 As actuacións que desenvolven inclúen o acompañamento das vítimas, a realización de accións de concienciación social e a procura da erradicación desta lacra a través de actuacións de prevención. O seu ámbito de actuación comprende os concellos de Betanzos, Sada, Miño, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos, Pontedeume, Paderne e Irixoa, todos eles entornos maioritariamente rurais. O pasado ano 2014, atenderon de forma directa a 250 mulleres e máis de 600 indirectas.


 Dende a Asociación tratan de dar resposta tanto ás necesidades individuais que ten cada vítima como ás necesidades conxuntas que ten a sociedade. E dicir, combínase a atención personalizada, como as terapias de grupo e a difusión da información que poida mellorar a concienciación xeral da poboación no futuro Programa Mimosa 2015 A Presidenta da asociación presentoulle á Secretaria Xeral da Igualdade un programa que pretenden levar a cabo durante este ano, denominado

Programa Mimosa 2015, que é un proxecto integral de actuacións, actividades e metodoloxías que permite as vítimas que sentan o apoio das administracións e da sociedade, e axuda a concienciar á xente nesta auténtica lacra social.

 Todas as actuacións teñen sido programadas en atención ás necesidades específicas para acadar 3 obxectivos, que son acompañar as vítimas, traballar coas vítimas e os seus familiares para superar e convivir con cada súa realidade e sensibilizar a e concienciar a Sociedade

 O pasado ano a Secretaría Xeral da Igualdade subvencionou a esta Asociación, a través da orde de entidades de iniciativa social con 8.300 euros para levar a cabo o Programa Mimosa 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por compartir!... :-)